O pasado 11 de maio iniciouse a andadura do novo Albergue do Camiño Francés, acto que contou coa presencia da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; e coa actuación do músico Germán Arias e coa conferencia do profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago, José Miguel Andrade Cernadas, quen falou sobre a hospitalidade no Camiño de Santiago no período medieval. Nava Castro suliñou que Sarria “é un dos puntos de partida de miles de peregrinos e é ao tempo, vila de inicio e vila de paso dos camiñantes”, e destacou que a oferta de aloxamento pública e privada é a mostra “da gran capacidade de dinamización económica e social das Rutas Xacobeas”. Castro suliñou tamén o requilibrio territorial como un factores que se lle a atribúe ao Camiño de Santiago dende o punto de vista económico.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 7 ofertas de
• Esta intervención constitúe un auténtico fito nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos