Julia Rodríguez Barrera opta á presidencia do PP de Monforte o 25 de maio

En Taboada, José Ramos Ledo anunciou que non se presentará á reelección para presidir a agrupación local

A deputada autonómica e voceira do grupo municipal do PP en Monforte, Julia Rodríguez Barrera, anunciou que presentará a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Monforte no congreso local que terá lugar o vindeiro 25 de maio.

JULIA RODRÍGUEZ: “FAREMOS UN PARTIDO NO QUE O EIXO CENTRAL SEXAN OS CIDADÁNS”

Rodríguez explicou que deu este paso “para seguir traballando polo partido e polos veciños e veciñas da cidade do Cabe”, e agradeceu a Dámaso López a labor desenvolvida á fronte do PP local, ó tempo que o animou a seguir colaborando e prestando a súa axuda “para consolidar o proxecto que os populares temos para Monforte”. Neste sentido, Julia Rodríguez declarou que a súa candidatura busca “seguir afianzando o traballo do PP, para estar máis preto dos cidadáns e poder compartir e axudar nas súas inquedanzas e preocupacións. Rodríguez adiantou que “faremos un partido máis forte, no que impere o diálogo e a transparencia, e no que o eixo central sexan os cidadáns”.

TABOADA TERÁ NOVA EXECUTIVA

Pola súa banda, José Jesús Ramos Ledo anunciou a súa intención de non presentarse á reelección como presidente do PP de Taboada no congreso do 29 de xuño, polo que serán os militantes quen escollerán ó novo Comité Executivo local. Tanto o presidente do PP lucense, José Manuel Barreiro, como o secretario xeral da formación, José Manuel Balseiro, agradeceron a Ramos Ledo a súa traxectoria política e o seu desempeño como alcalde de Taboada durante 22 anos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recoñecemento solemne en Quiroga

Seguinte Nova

Cruce de acusacións sobre os carteis de protesta da Plataforma Sanitaria no Cardeal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: