Preto de 500.000 euros para a mellora de estradas no sur de Lugo

A Xunta saca a licitación os contratos de reforzo do firme na LU-617 ó seu paso polo Saviñao, e as obras de ensanche e rexeneración da LU-901 en Carballedo

Raquel Arias, acompañada do alcalde de O Saviñao, Joaquín González, visita o tramo vial que será obxecto de mellora na estrada LU-617. GPMA.

O pasado 6 de maio, a Xunta de Galicia sacou a licitación o contrato de obras para o reforzo do firme da estrada LU-617 ó seu paso polo municipio de O Saviñao. Por este motivo, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, desprazouse ata este concello para explicar ao rexedor local, Joaquín González, as características deste proxecto, que supón un investimento de 123.000 euros.

MELLORA DO FIRME EN PRETO DUN QUILÓMETRO, E OBRAS NOS CRUCES DE MEIRIZ, VILAMOR E VILATÁN

Según precisou Arias, o proxecto para a estrada LU-617 inclúe a realización de actuacións de reforzo do firme no treito comprendido entre os núcleos de Escairón e Pesqueiras, entre os puntos quilométricos 16+330 ao 17+030. Este tramo, de preto dun quilómetro, presenta importantes deterioros no estado do firme que fai necesaria unha actuación de rehabilitación superficial. As actuacións inclúen fresado da superficie, estendido de formigón asfáltico e pintura acrílica, así como a colocación de sinalización horizontal e vertical. Ademais, acometeranse obras de mellora nas interseccións desta estrada LU-617 ata os núcleos de Meiriz, Vilamor e Vilatán.

“IMPORTANTE ESFORZO” DA XUNTA PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA

Raquel Arias suliñou na súa visita ó tramo da estrada que será obxecto destas obras “a importante achega económica para a mellora da seguridade viaria”, que suporá, según a delegada territorial da Xunta en Lugo, un beneficio para os máis de 4.300 veciños de O Saviñao “e os milleiros de usuarios que fan uso desta estrada”. Arias lembrou o “importante esforzo” da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “para proporcionar ós cidadáns unha rede viaria cómoda e segura que evite a sinistralidade”.

INVESTIMENTO DE 365.000 EUROS EN CARBALLEDO

Por outra banda, a Xunta de Galicia sacou a licitacion o mesmo 6 de maio o contrato dos traballos de ensanche e rexeneración do firme na estrada LU-901 entre A Barrela e Cea. Estas actuacións teñen como obxectivo mellorar o firme e anchear a plataforma nun treito de 6 quilómetros deste vial da Rede Primaria complementaria ao seu paso polo concello de Carballedo, cun investimento de preto de 365.000 euros. Según explicaron dende a Consellería, as obras efectuaranse entre os puntos quilométricos 9+885 e 16+865, agás na Travesía da Tolda e no casco urbano da Barrela, xa acondicionados. Con estes traballos, ensancharase o firme ata os 6 metros, definindo dous carrís de 3 metros e unha cuneta dun metro de ancho. Asimesmo, será necesario tamén a construción dun terraplén, e daquelas obras necesarias para que o pavimento quede en condicións óptimas para o tráfico.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Celebran en Sarria a I Ruta Cabalar

Seguinte Nova

A Xunta firma cos concellos do VIII distrito forestal seis convenios para loitar contra o lume

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: