Un total de 41.534 euros é o investimento destinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para o apoio a 11 proxectos presentados por concellos da provincia de Lugo para a promoción da lingua galega nas institucións locais. Estas axudas buscan apoiar aos entes locais a través de catro modalidades: para a creación de novos servizos lingüísticos mediante contratación de persoal técnico especialista en dinamización lingüística en concellos ou en agrupamentos de concellos; mantemento ou reforzo dos servizos lingüísticos xa en funcionamento; e axudar ó desenvolvemento de programas dinamizadores promovidos por entidades locais carentes de servizo lingüístico.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre