A Consellería de Economía e Industria, dirixida polo monfortino Francisco Conde, anunciou a posta en marcha de varios programas e liñas de axuda para apoiar o labor das federacións de comerciantes. Por un lado, haberá 1,5 millóns de euros en axudas para actuacións de dinamización e activación da demanda comercial, cun máximo de 112.000 euros para federacións con 30 ou máis asociacións federadas, e no caso das asociacións o máximo será de 10.500 euros. Por outra banda, establecerase unha partida de 2,2 millóns de euros destinada a asociacións de comerciantes, para a dinamización dos centros comerciais abertos ou prazas de abastos. Por último, habilitarase unha liña de axudas ós concellos para a adecuación e modernización das rúas e zonas comerciais, e a potenciación das prazas de abastos, con preferencia polos proxectos de carácter supramunicipal.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece