20.000 euros para rebacheo dos viais municipais en Sober

Ó longo do mes de maio, o Concello de Sober desenvolveu os traballos de rebacheo nos 400 quilómetros rede de estradas municipais, para o que destinou unha partida orzamentaria de 20.000 euros. As 22 parroquias que integran o termo municipal veranse beneficiadas por estas actuacións. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, precisou que algunhas estradas asfaltadas estaban en bo estado, ao seren arranxadas recentemente, pero noutros puntos precisaban de melloras. O obxectivo destas actuacións é “que os veciños poidan andar por estes viais e que os visitantes se leven unha boa imaxe”, suliñou Guitián.

Asimesmo, o alcalde soberino demandou da Deputación de Lugo o rebacheo dos 75 quilómetros de estradas de titularidade provincial que atravesan o municipio de Sober, xa que “este ano o tempo foi especialmente duro e hai estradas ás que lles fai moita falla”.

A preocupación pola conservación das infraestruturas e espazos públicos en Sober compleméntase coa entrada en vigor da nova ordenanza de limpeza sobre o valado de solares e o ornato de fincas e edificacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades para todas as idades en Sober

Seguinte Nova

A Xunta achega ás comunidades de montes as alternativas de aproveitamento forestal da Lei de Montes

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: