A arte e a artesanía da comarca de Sarria, protagonistas

Nova edición dunha cita cultural que se consolida

O espectacular vestuario en mimbre creado por Lola Tourón, e que presentou á Gala Lucus Moda o pasado mes, forma parte da exposición que pode verse no edificio da Antiga Cárcere de Sarria. EC.

O edificio da Antiga Cárcere acolle ata o 30 de xuño a exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño, que este ano chega á súa cuarta edición.

VINTE ARTISTAS

Manuel Rodríguez, Rodim, Antonio Bello, Begoña Yebra, Suso da Balsa, Cecilia Carballo, Lola Tourón, Marysol Vázquez, Verónica Quintela, Xesús Vázquez, Violeta Bernardo, Pedro Quiñoá e Sara Cuiña, entre outros artistas e artesáns da comarca sarriana, amosarán o mellor das súas creacións, nunha exposición que aproveita o paso do Camiño Francés para dar visibilidade á arte da comarca sarriana.

Unha mostra da obra pictórica de Pedro Quiñoá, que volve a asombrar con creacións de gran colorido e imaxinación. EC.

MOSTRA ITINERANTE

O espíritu itinerante desta mostra segue a manterse nesta edición, xa que logo de abrir en Sarria ata o 30 de xuño, viaxará a Portomarín, onde poderá verse do 18 ó 28 de xullo, e en outubro estará aberta no edificio do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (Centrad) durante as festas do San Froilán e ata finais de mes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Parador de Monforte estreou o espazo gastronómico “Enxebres”

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra celebrou a II Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio