A primavera é tempo de lecer e disfrute, polo que Sober aproveitou este mes de maio para dúas das grandes citas lúdicas para todos os públicos. A Festa dos Avós, que acadou este ano a súa decimocuarta edición, congregou a preto de 300 participantes nunha xornada festiva que se iniciou coa celebración dunha misa e continuou co xantar e o reparto de 150 agasallos doados polas casas comerciais de Sober e Monforte. E todo, amenizado polo Grupo Musical Atrévete. Asimesmo, os máis novos tiveron ocasión de amosar un espectáculo de habilidade e beleza na Ximnastrada celebrada no CEIP Virxe do Carme o domingo 19, onde participaron 150 deportistas de toda a provincia. Os clubes de ximnasia rítimica de Cospeito, Becerreá e Sarria, o clube sarriano Xirandela e o anfitrión, o clube Virxe do Carme Sober ofreceron ó público asistente unha exhibición ximnástica de gran nivel.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco