Alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Daviña Rey, premiados nun concurso sobre consumo responsable

O alumnado dos centros campións nas tres categorías posan acompañados de diversas autoridades. (Foto cedida).

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do IES Daviña Rey de Monforte clasificáronse en primeiro lugar na súa categoría dentro da fase autonómica do certame Consumópolis, promovido pola Escola Galega de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, e coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste certame, que promove o consumo responsable a través da formación e da educación nos de consumidores e usuarios, resultaron tamén gañadores o CEIP Lourido, de Poio (Pontevedra), na categoría de 3º ciclo de Primaria, e o IES Manuel García Barros, de A Estrada, na categoría de 3º e 4º de ESO.

«ADÉSTRATE BEN PARA UN CONSUMO RESPONSABLE» CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 1.200 ESCOLARES DE GALICIA

Máis de 1.200 escolares galegos de primaria e secundaria participaron este ano en Consumópolis, que contou cunha primeira etapa, consistente nun percorrido dun xogo on-line sobre consumo responsable e calidade de vida. Completada esta fase, preto de 190 equipos de toda a comunidade traballaron na segunda parte do certame, que este ano chega a súa oitava edición baixo o lema “Adéstrate ben para un consumo responsable”.

CARTEIS CON VIÑETAS

Según explicaron os responsables desta iniciativa, cada un dos equipos elaborou un traballo en grupos de cinco coordinados por un docente, relacionando consumo e deporte, con temas como a compra de materiais deportivos ou os valores do deporte e o consumo responsable. No caso do alumnado de primaria, o proxecto consistiu nun calendario escolar, mentres que o alumnado de secundaria elaborou un cartel con viñetas.

OS PREMIADOS REPRESENTARÁN A GALICIA NO CERTAME NACIONAL

Na fase autonómica establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os 3 mellores traballos de cada categoría dotados con 1.000, 600 e 300 euros, que poderán empregar para actividades ou material pedagóxico. Os gañadores representarán a Galicia na fase nacional, organizada polo Instituto Nacional de Consumo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Velada de contacontos no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Formación especializada para coidadores non profesionais en Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio