Anova denuncia os recortes na atención á drogodependencia

Afectan á UAD de Monforte

As asambleas de Anova do sur de Lugo denunciaron nun comunicado os recortes que a Consellería de Sanidade está a aplicar nos servizos de atención á drogodependencia, e que no sur de Lugo ofrécense a través da UAD (Unidade de Atención á Drogodependencia). Neste sentido, dende Anova anunciaron que presentarán unha moción nos concellos en defensa destes recursos sociosanitarios.

IMPORTANCIA HISTÓRICA DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN Á DROGODEPENDENCIA

Na súa comunicación, os responsables das asambleas de Anova do sur de Lugo explicaron o importante papel que o Plan Galicia sobre Drogas desenvolveu dende finais dos anos oitenta, como resposta institucional á necesidade de combater os terribles efectos da drogodependencia. Dende Anova salientaron o efecto de concienciación social que representou a loita de diversos colectivos e do persoal técnico en prevención e servizos asistenciais, ao tempo que se conseguiu crear un clima de rexeitamento ó narcotráfico, co obxectivo de atender dun xeito especializado ás persoas afectadas, e crear redes de apoio ás súas familias, así como canles de reinserción social para os ex toxicómanos. Os responsables de Anova no sur de Lugo lembraron que o Plan Galicia sobre Drogas constituiu unha rede asistencial modélica non só no resto de España senón tamén noutros países. Esta rede conta con 17 centros asistenciais, 8 unidades de día, 3 comunidades terapéuticas e 6 unidades específicas de alcoholismo, cun equipo humano de máis de 350 profesionais, que o pasado ano atenderon a máis de 12.000 persoas drogodependentes. A Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD) de Monforte presta o seu servizo á comarca de Lemos e á súa área de influencia, atendendo ó pasado ano a preto de 320 persoas.

RECORTE DUN 20% NA FINANCIACIÓN DA UNIDADE DE MONFORTE

Anova denunciou “a falta de compromiso” da Consellería de Sanidade con estes servizos, ao non desenvolver as ferramentas lexislativas e de coordinación previstas no propio Plan de Atención ás Conductas Adictivas, e ó aplicar “sucesivos recortes” no financiamento dos centros asistenciais e eliminando a financiación dos programas de prevención. Anova estima nun 20% o recorte no financiamento destinado á UAD de Monforte, e que en toda Galicia é dun 15,6% con respecto ás cifras do ano pasado. Anova denuncia que, deste xeito, o servizo “quedará na corda floxa”, e “non se garante a continuidade dos servizos de prevención”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

AFAMON visitou o Ecomuseo de Arxeriz

Seguinte Nova

Aprender as nosas tradicións musicais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio