Augas Santas celebrou a proba local do III Desafío Seve Ballesteros

Recaudou fondos para a Fundación Seve Ballesteros, adicada á investigación de tumores cerebrais

Os gañadores da proba local do III Desafío Seve Ballesteros posan no complexo OCA Augas Santas. (Foto cedida).

O complexo OCA Augas Santas celebrou na última fin de semana de maio a proba local do III Desafío Seve Ballesteros, para recaudar fondos destinados á Fundación que leva o nome do gran golfista, e que está adicada á investigación dos tumores cerebrais. O vencedor scratch en categoría cabaleiros foi o local José Benito Vázquez, e na categoría damas triunfou a local Fátima Franco. Na 1ª categoría masculina ata handicap 13 o vencedor foi o sarriano Rafael Castellanos, seguido polo lucense Jesús Manuel Vázquez, mentres que na 2ª masculina gañou o local Manuel Dacosta, seguido do lalinense Pablo Iglesias. En 1ª categoría damas ata handicap 19 impúxose a viguesa Ángeles Torres, seguida da xogadora do Río Cabe Mª Eugenia Martínez, mentres que na 2ª categoría venceu a local Mónica Rodríguez, seguida da viguesa Concepción Pazos. O premio especial Quinta Seve ó mellor senior foi para Antonio Lorenzo, de Guitiriz.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O golfista monfortino José Ángel Pérez Reñones, sexto no XI Open Internacional de Pitch & Putt de San Marino

Seguinte Nova

Iago García, quinto no Campionato de España de Taekwondo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: