Dous alumnos do IES A Pinguela, premiados nun certame de perruquería

Gañaron o Trofeo Color Art de L’Oreal fronte a centros de toda Galicia

Os alumnos premiados posan coas modelos Cinthia Chella Pereiro e Erika Chacón Luna. (Foto cedida).

Os alumnos do ciclo medio de Perruquería do IES A Pinguela Alfonso Osorio e Aitor García foron os gañadores ex aequo do prestixioso Trofeo Color Art de L’Oreal, celebrado o 28 de maio no Edificio Multiusos de Monforte. Cada un dos gañadores obtiveron, ademais do diploma acreditativo, 1.000 euros en cursos de formación impartidos pola empresa organizadora, e o prestixio que supón alzarse con este importante premio no mundo da perruquería. Alfonso Osorio realizou o traballo de corte á modelo Cinthia Chella, e Aitor García levo a cabo o recollido que luciu a modelo Erika Chacón. Os dous alumnos do IES A Pinguela impuxéronse ós traballos presentados por alumnos da Coruña, Vigo, Lugo, Bueu e Pontevedra.

A responsable institucional, Pilar Álvarez, e o responsable de L’Oreal acompañan ós gañadores, Alfonso Osorio Patiño e Aitor García Gacio. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Julia Rodríguez Barreira, elixida presidenta do PP de Monforte

Seguinte Nova

Disfrutar do románico entre viñedos en Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: