Fallados os premios Letras Galegas locais en Debuxo e Narrativa de Monforte

Organizados pola Biblioteca Municipal de Monforte, dentro da convocatoria provincial

A Biblioteca Pública Municipal de Monforte deu a coñecer o resultado do fallo dos Premios Letras Galegas 2013 nas modalidades de Narración e Debuxo, convocado en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo. Na modalidade de narrativa, os gañadores na categoría A foron Alicia Soto Pallares (1º premio), Sara Rodríguez Rodríguez (2º premio), e Lucía Rivada Rodríguez (3º premio), as tres pertencentes ó CEIP A Gándara. Na categoría B, os galardóns foron para Cecilia Quiroga Rivas (1º premio), do CEIP A Gándara; Noa Beltrán Carreira (2º premio), tamén do CEIP A Gándara; e Gabriela Salvador Vassalo (3º premio), do colexio Fundación Torre de Lemos.

Pola súa banda, os premiados na categoría C foron Andreia de los Ángeles Montero Acevedo (1º premio), do Colexio Ferroviario; Lucía Amaro Losada (2º premio), do colexio PP Escolapios; e Susana Costa Otero (3º premio), do colexio Fundación Torre de Lemos. Na modalidade de debuxo, os gañadores da categoría A foron Sofía López Argiz (1º premio), do Colexio Ferroviario; Paula López Estrich (2º premio), do colexio PP Escolapios; e Desirée Romero (3º premio), do Colexio Novo. Na categoría B, os premios foron para Iván Eireos López (1º premio), do colexio PP Escolapios; Iago López Méndez (2º premio), do Colexio Ferroviario; e Claudia Ares Vila (3º premio), do colexio Fundación Torre de Lemos. Finalmente, na categoría C, os galardóns corresponderon a Nicolás López Argiz (1º premio), Antía Pereiras Álvarez (2º premio) e Andrés Tierra Arias (3º premio), os tres do Colexio Ferroviario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

1,2 millóns de euros para apoiar o asociacionismo comercial

Seguinte Nova

Premio para os clientes do comercio tradicional en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: