A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, ven de poñer en marcha este ano 36 novos cursos de formación para coidadores non profesionais, dos que se beneficiarán preto de 900 persoas. Na provincia de Lugo desenvolveranse un total de sete cursos, que comezaron o día 20 e rematarán o 20 de xullo. Esta iniciativa, dentro do programa “Xuntos nos Coidados”, inclúe este ano inclúe como novidade un módulo de teleformación co obxecto de facilitar a continuidade dos coidados ás persoas en situación de dependencia. Os cursos, financiados dentro do proxecto europeo Envellecemento+Activo do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza, estruturaranse en catro eixos: coidados no contorno familiar; pauta para prestar coidados; a saúde da persoa coidadora e o apoio social nas situacións de dependencia.
Últimas noticias sobre PORTADA
Os socialistas perden un concelleiro, o PP mantense con catro, o BNG sube a dous e
Todo apunta á formación dun goberno bipartito entre Camiña Sarria e BNG Claudio Garrido e Camiña
Segue en directo a evolución do escrutinio https://elecciones.locales2023.es/gl/
O Alcalde e candidato á reelección subliñou no mitin que ofreceu o día 18 acompañado do
As eleccións municipais en Sarria preséntanse como unha das máis rifadas en todo o sur de