O vindeiro 8 de xuño celebrarase en Chantada o congreso da agrupación local do Partido Popular, na que será elixido presidente Francisco Rodríguez Medela, único aspirante a este nombramento. Según informaron dende a dirección provincial do partido, Medela conta cun “moi amplo respaldo”, xa que presentou máis do dobre dos avais necesarios para promover a súa candidatura. Rodríguez Medela, de 48 anos, está ligado ó Partido Popular dende 1989, e conta con experiencia política contrastada dende a súa xestión como edil de Cultura no Goberno municipal entre 1991 e 1995. Destaca a súa implicación na vida cultural e social de Chantada como presidente da Asociación de Amigos do Folión, ademais de ser responsable da organización da Feira do Viño durante 12 anos. Medela sustituirá na presidencia do PP chantadino a Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen anunciou que non se presentará á reelección.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa