Iago García, quinto no Campionato de España de Taekwondo

Cinco taekwondistas do Gimnasio Neka participarán o 8 de xuño no Campionato Galego de Combate en Idade Escolar

O taekwondista monfortino Iago García obtivo o quinto posto no Campionato de España, marca que xa obtivera na pasada edición. (Arquivo EC).

Os taekwondistas do Gimnasio Neka volveron a estar presentes no Campionato de España, onde o xoven Iago García acadou un bo quinto posto, consolidando así a súa presencia entre os primeiros deportistas a nivel nacional desta especialidade. «Iago realizou un bo campionato, pasou a primeira ronda pero en segunda caeu diante do representante da federación catalana», explica o seu adestrador, José Mª Vega. O responsable do Gimnasio Neka manifestaba a súa satisfacción porque Iago García consolidara o posto que xa acadou o ano pasado no campionato nacional; «Iago cumpriu os obxectivos, aínda que como levamos unha racha moi boa de medalleiro a verdade é que nos supo a pouco», precisa Vega.

5 TAEKWONDISTAS NO CAMPIONATO GALEGO DE COMBATE EN ARTEIXO

A próxima cita dos taekwondistas monfortinos coa competición será o 8 de xuño, na localidade coruñesa de Arteixo, onde se disputará o Campionato Galego de Combate en Idade Escolar. O Gimnasio Neka contará cunha ampla representación, a cargo de Manuel Veloso, José Roca, Mario Fernández, Alex Camba e Saúl Martínez. «O noso obxectivo é colarnos no medalleiro», explica José Mª Vega.

XORNADA DE TECNIFICACIÓN A NIVEL PROVINCIAL CON JUAN FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA

Dende o Gimnasio Neka seguen a traballar para consolidarse como un referente indiscutible do taekwondo na provincia de Lugo. Dentro da súa intensa programación anual, o 2 de xuño celebraron a partir das once e media nas instalacións deste centro deportivo unha concentración de tecnificación de combate, na que participaron arredor de 40 deportistas procedentes de varios puntos da provincia de Lugo. «Contamos coa presencia de luxo de Juan Fernández, campión de España, nesta sesión de entreno técnico que penso foi todo un éxito», explica Vega.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas celebrou a proba local do III Desafío Seve Ballesteros

Seguinte Nova

El Club Lemos ya planifica la próxima temporada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: