Julia Rodríguez Barreira, elixida presidenta do PP de Monforte

•Rodríguez Barreira anunciou o compromiso de Fomento de manter o tren nocturno Galicia-Madrid •O PP de Monforte puxo en marcha unha nova web e un perfil nas redes sociais “para estar máis preto dos cidadáns”

Julia Rodríguez Barreira conversa coa ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada do presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, ó día seguinte da elección de Barreira como presidenta do PP de Monforte. (Foto cedida).

A deputada autonómica e concelleira na cidade do Cabe Julia Rodríguez Barreira foi elixida presidenta do Partido Popular de Monforte no congreso local celebrado o 25 de maio, tomando o relevo de Dámaso López, que declinou presentarse á reelección tras unha longa traxectoria á fronte desta formación local. A lista liderada por Julia Rodríguez está integrada, entre outros, por Francisco José Rodríguez Cela, José Manuel Puga Gómez, Purificación Argiz Quintas, María Pérez Naveira e Ana María Díaz Novoa.

NOVAS CANLES DE COMUNICACIÓN

Os responsables da agrupación local do PP anunciaron a posta en marcha dunha nova web, www.ppdemonforte.com, e do perfil PP de Monforte nas redes sociais Facebook e Twitter, co obxectivo de “estar máis preto dos cidadáns”. Asimesmo, a recén elixida presidenta do PP monfortino mantivo un encontro coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, quen lle transmitiu o compromiso de manter o tren nocturno Galicia-Madrid. Barreira transmitiu a Pastor a súa “preocupación e interés” porque o taller de Renfe siga a prestar os seus servizos en Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Francisco Rodríguez Medela optará como candidato único a presidir o PP de Chantada

Seguinte Nova

Dous alumnos do IES A Pinguela, premiados nun certame de perruquería

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio