O 17 de maio celebrouse o Día da Reciclaxe

Co gallo desta celebración, diversas organizacións a nivel mundial pretenden intensificar a información e concienciación social en torno ás vantaxes ambientais, económicas e sociais que trae consigo o reciclado dos residuos e, polo tanto, a importancia trascendental que, neste sentido, ten a colaboración cidadá. Neste sentido, Sogama deu a coñecer que nos últimos catro anos reciclou preto de 72.600 toneladas de residuos, correspondentes aos refugallos depositados nos contenedores amarelo (envases lixeiros) e contenedores verdes (restos convencionais), sobre os que ten competencia a empresa pública. A separación previa no fogar, a escola, o traballo, etc., das distintas fraccións do lixo é moi importante para a súa posterior transformación en novas materias primas. Grazas a esta pequena tarefa poderase alcanzar aforro enerxético e de recursos naturais, e tamén aforro económico. Cantos máis refugallos envíen os concellos á industria recicladora, máis ingresos recibirán por parte dos sistemas integrados de xestión.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os viños da Ribeira Sacra desembarcan en Noruega

Seguinte Nova

Velada de contacontos no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: