A adega Via Romana ven de acadar un novo éxito coa integración dos seus viños no mercado escandinavo. A firma radicada na Ribeira Sacra superou todos os procesos esixidos para entrar a formar parte do Vinmonopolet, o monopolio noruego do viño a través do cal se materializa o 87% das vendas deste produto en Noruega. A adega lucense firmou un contrato cun importador escandinavo para comercializar neste país 13.000 botellas de viño. Via Romana acada así un novo fito na súa aposta pola exportación, que xa supón un 10% da facturación desta firma vinícola, logo de terse implantado en Nueva Zelanda en setembro de 2011. Por outra banda, os viños desta adega seguen a colleitar recoñecementos a nivel nacional, xa que este mes o Via Romana Barrica foi nomeado Mellor Bebida do Ano en Galicia na XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura