Iniciativa do CCU e a Federación de Comercio
Dinamizar o consumo nas vilas galegas apostando polo comercio tradicional foi o obxectivo da campaña “As compras na túa vila teñen premio”, que está a percorrer oito cidades e vilas de Galicia ata o mes de setembro.
2.000 EUROS EN TARXETAS REGALO
Dende o 20 de maio e ata o último día do mes, os consumidores que mercaron no comercio tradicional de Monforte poideron optar a un premio que se sorteou, de xeito presencial, o día 31 ás 20 horas na carpa instalada na Compañía. A presentación dos tickets de compra durante os días da campaña permitía conseguir boletos para participar neste sorteo, que entregou tres tarxetas regalo de 200 euros e 14 tarxetas regalo de 100 euros.
XORNADA FESTIVA PARA REMATAR A CAMPAÑA
A campaña rematou cunha xornada lúdica con malabaristas, zancudos e pasarrúas durante a mañá do venres 31 de maio, e xa pola tarde ás 18,30 horas tivo lugar o espectáculo de maxia cómica Rey Midas, para continuar ás 19,30 horas coa actuación musical de Broken Peach. Ó remate da actuación, procedeuse ó sorteo das tarxetas regalo.
PROMOCIÓN INSTITUCIONAL
Esta iniciativa, que acada este ano a súa sexta edición, estivo organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais e a Dirección Xeral de Comercio, así como co Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte.