Bóveda convoca o II Concurso de Carteis XI Feira Tradicional Outrora

O cartel gañador recibirá un premio en metálico

Os traballos participantes poderán entregarse ata o mércores 20 de xuño

A Feira Tradicional Outrora de Rubián, en Bóveda, celébrase o 14 de xullo. (Arquivo EC).

O Concello de Bóveda ven de publicar as bases do II Concurso de Carteis XI Feira Tradicional Outrora de Rubián. Dado que esta iniciativa lúdica recrea un mercado tradicional de finais do século XIX ata mediados do XX, a temática dos carteis deberá recoller esta ambientación e o espíritu que representa.

CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS PARA CONCURSAR

Os participantes poderán presentar a concurso ata dous traballos, de técnica libre, sempre que sexan inéditos e inclúan a denominación da feira e a data de celebración, que terá lugar en Rubián-Bóveda o 14 de xullo. A organización do concurso esixe un formato preciso para os traballos, que deberán ter 63 x 43 centímetros en posición vertical, mentres que a tipografía empregada será de libre elección.

CÓMO ENVIAR OS TRABALLOS

Os traballos poderán enviarse por correo electrónico ó enderezo cultura@concellodeboveda.com, incluindo no texto do correo o nome e apelidos do autor, dni, enderezo e número de teléfono, así como o lema ou seudónimo co que se presenta ó concurso. Por esta vía, os traballos poderán presentarse en calquer formato, pero será obrigatorio acompañalo dunha versión en jpg a 300 ppp, e cargar adxuntas as fontes empregadas na elaboración do traballo. Tamén poderán enviarse os traballos por correo postal, en tamaño orixinal, á dirección do Concello de Bóveda (Avenida Alfonso XIII, 85, 27340 Bóveda). Por esta vía, o traballo deberá presentarse baixo lema ou seudónimo, que irá indicado na parte posterior do cartel, acompañado dun sobre pechado que incluirá no exterior o mesmo lema ou seudónimo, e no interior o nome e apelidos do autor, dni, enderezo e teléfono de contacto. A data límite de recepción de carteis, en calquera das dúas vías de entrega, será o mércores 20 de xuño de 2013.

POSIBLE EXPOSICIÓN COS TRABALLOS PRESENTADOS

O cartel gañador, que será a imaxe da XI Feira Tradicional Outrora de Rubián, recibirá un premio en metálico de 150 euros. O fallo do xurado farase público á semana seguinte da data límite de recepción de traballos. O fallo farase público a través dos medios de comunicación e da web do Concello de Bóveda. Os carteis presentados a concurso poderá ser obxecto de exposición ou reproducción polo Concello de Bóveda, sen que isto supoña dereito de retribución algún para os concursantes. O cartel gañador e os presentados a concurso quedarán en propiedade do Concello de Bóveda.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fondos provinciais para financiar as expropiacións do novo tramo do paseo fluvial

Seguinte Nova

A Mostra do Aceite de Quiroga, distinguida como Festa de Interese Turístico de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: