A Xunta pon en marcha un paquete de medidas para incentivar a compra de solo industrial

Feijóo anunciou descontos medios de ata o 20%, e a posibilidade de aluguer con opción a compra

A oferta de solo industrial de Galicia inclúe 2,8 millóns de metros cadrados dispoñibles en 1.000 parcelas distribuidas en 50 parques industriais. EC.

A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha un programa de incentivos para ofrecer solo industrial “accesible, máis barato e en mellores condicións de pagamento”, e buscando vías de colaboración con todos os axentes implicados.

MEDIDAS QUE RESPONDE Á MAIOR DEMANDA DE SOLO

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que “a pesar do descenso da actividade económica, existe demanda de solo industrial e en 2012 se vendeu maior superficie que en 2011”. O Executivo galego busca así responder a esta demanda, ofrecendo incentivos para os 2,8 millóns de metros cadrados dispoñibles en Galicia e situados en 1.000 parcelas distribuidas en 50 parques industriais.

RESPOSTA Á FALTA DE FINANCIAMENTO

Feijóo explicou a necesidade destas medidas para facer fronte a un dos principais freos á adquisición de solo industrial, que é a falta de financiamento. O mandatario autonómico avanzou que as medidas inclúen descontos medios do 20% na adquisición de parcelas e a posibilidade de aprazar o pagamento ata en 5 anos, de establecer dereitos de superficie por 30 anos e de alugar con opción a compra. Feijóo destacou o interese por implicar aos concellos para que “detecten no seu eido posibles clientes entre as pemes locais e comarcais” e propóndolles que apliquen bonificacións de ata o 90 por cento das taxas e impostos aos compradores e aos que se trasladen desde emprazamentos fóra de ordenamento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo, a primeira de Galicia en activar a factura electrónica

Seguinte Nova

Brollón incorpora novas infraestruturas de abastecemento e de ocio nas parroquias

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio