Luz verde á mellora do paseo fluvial de Sarria

•Firmado o convenio de colaboración entre Xunta, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Concello de Sarria para a execución desta primeira fase •Estas obras suporán un investimento de 6,7 millóns de euros •Os traballos afectarán a 500 metros de canle do río Sarria, co obxectivo de minimizar os efectos das enchentes no entorno urbano

O alcalde de Sarria, José Antonio García, trala firma do convenio de colaboración en Lugo, co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo. CMATI.

O tramo urbano dos ríos Sarria e Celeiro comezará a ser mellorado en breve, logo da firma, o pasado 19 de xuño en Lugo, do convenio de colaboración entre diversas administración para a execución da primeira fase das obras deste amplo proxecto. Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Concello de Sarria materializaron este acordo por un importe de 6,7 millóns de euros, dos que a Confederación achegará 5,2 millóns, e o resto será aportado pola Xunta de Galicia a través do canon da auga, que permite este tipo de investimentos dado o seu carácter finalista.

AS OBRAS COMEZARÁN ESTE MESMO ANO

Na firma deste convenio estiveron presentes o alcalde de Sarria, José Antonio García; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo. As autoridades presentes na firma do convenio destacaron a importancia deste proxecto para a vila de Sarria, co fin de combater as consecuencias das enchentes dos ríos Sarria e Celeiro ó seu paso polo núcleo urbán. Según precisaron os responsables deste proxecto, está previsto que as obras de execución da primeira fase comecen neste mesmo ano.

As obras da primeira fase deste proxecto de mellora das marxes urbanas dos ríos Sarria e Celeiro afectarán ó entorno do Malecón. EC

AMPLO PLAN DE MELLORA

O Plan Hidrolóxico inclúe a vila de Sarria dentro das áreas con elevado risco de inundacións, e esta catalogación motivou a redacción, por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, do Proxecto de ordenación de marxes dos ríos Sarria e Celeiro, e que inclúe a adecuación da canle e ordenación das marxes do río Sarria dende augas arriba do campo de fútbol local ata augas debaixo da EDAR, e sobre o río Celeiro en todo o seu tramo urbano.

REMODELACIÓN DE TRES PONTES NA PRIMEIRA FASE

A obra que se vai executar esténdese tamén dende a ponte da rúa Peregrino ata a ponte da rúa Calvo Sotelo, o que supón a reordenación de aproximadamente 500 metros de canle. Nesta primeira fase remodelaranse as tres pontes das rúas Peregrino, Calvo Sotelo e Castelao, e unha pasarela na rúa Toleiro, para que deixen de ser un obstáculo fronte ás enchentes. Tamén se actuará sobre o propio paseo do Malecón, facendo compatible o seu uso cos períodos de enchentes e modernizando a súa imaxe.

20 MILLÓNS DE EUROS PARA O PROXECTO TOTAL

Dado o alto custo económico total do proxecto, que supón un investimento de máis de 20 millóns de euros, decidiuse actuar sobre o treito máis urbano e con maiores riscos, de xeito que se mellore a capacidade de desaugamento do río no tramo do Malecón, obras que son completamente compatibles coa futura execución do resto do proxecto. O conselleiro suliñou que a colaboración entre Xunta e Concello repercute tamén noutras melloras para os cidadáns, como é o caso do abastecemento de auga aos veciños. Neste sentido, Hernández avanzou que este verán entrará en funcionamento a nova estación potabilizadora de Sarria, cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que garantirá o abastecemento na época de verán e as futuras necesidades de capacidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Polémica sobre a financiación dos servizos sociais e das políticas de emprego na provincia de Lugo

Seguinte Nova

LEMOS – DEPORTIVO. ERAN TIEMPOS MEJORES

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: