Mellora nas ferramentas tecnolóxicas nos xulgados de Monforte e Chantada

En máis da metade das sedes lucenses

Dispoñen de acceso a redes de nova xeración con 100 mbps de velocidade

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) informou de que os xulgados de Galicia veñen de mellorar os seus equipamentos tecnolóxicos ó contar dende este mes con acceso a redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade. Son en total 28 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas as que recibiron esta nova dotación tecnolóxica, e que na provincia de Lugo benefician ás sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, un 55% da sedes xudiciais da provincia.

MELLORA NO USO XERAL DAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS NOS XULGADOS

Según explicaron os responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

MODERNIZACIÓN DA XUSTIZA

Dende a Amtega explicaron que con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego.

MEDIDAS INTEGRADAS NO PLAN DE BANDA LARGA DE GALICIA

A mellora da conectividade dos xulgados é posible grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que contempla entre as súas actuacións, e en colaboración co operador R, a extensión destas redes de nova xeración (NGAs) coas velocidades máis punteiras. A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito, os empregados dos xulgados poderán dispoñer dun acceso máis efectivo á rede, sen esperas ou contratempos. Asimesmo, poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios, e posibilitarase o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Compostaxe na zona urbana de Monforte

Seguinte Nova

Alternativa Galega de Esquerdas critica que a Xunta sufrague ó Concello de Sarria polas touradas con cartos públicos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: