Monforte, a golpe de pedal

O Centro Comercial Urbano de Monforte organizou o Día da Bici

As rúas de Monforte vestíronse de colorido e dinamismo ó paso do tranquilo “pelotón” de ciclistas que participaron no Día da Bici, convocado polo CCU Monforte co apoio do Club Ciclista Monforte. EC.

A tarde do sábado 22 de xuño ofreceu un panorama inusual de Monforte. A convocatoria do Día da Bici, por iniciativa dos comerciantes monfortinos coa colaboración do Club Ciclista Monforte, mobilizou máis dun centenar de persoas que, subidas a dúas rodas, ou incluso a catro (para os que se están iniciando nesta amigable disciplina), pasearon polas rúas da cidade nunha agradable xornada onde a climatoloxía non puido ser máis favorable.

O punto de partida foi a Praza da Compañía. EC.

OUTRO XEITO DE VER MONFORTE

Os responsables do Centro Comercial Urbano agasallaron ós participantes con vales desconto para realizar as súas compras nos establecementos asociados, e entregaron no punto de saída da marcha, situado na Praza da Compañía unha mochila cun equipo de avituallamento para o camiño. Con esta cita lúdico-deportiva, o CCU de Monforte quixo abrir os ollos á veciñanza sobre a nosa cidade e sobre a súa oferta comercial, dun xeito distinto ó habitual discorrer ás presas. Mirar e sentir a nosa cidade como un lugar agradable para vivir e mercar, sen ir buscar sustitutivos fóra. Dende o CCU Monforte esperan que esta cita se consolide no calendario de actividades da nosa vila, e de seguro terá continuidade, xa que recuperou por unhas horas a imaxe de Monforte como cidade saudable, agarimosa e divertida.

A organización agasallou ós participantes con vales desconto para as compras nos establecementos asociados ó CCU, e cunha mochila con avituallamento. EC.

 

 

Nenos e maiores, aprendices ou expertos da bicicleta conviviron nunha saudable e divertida tarde de bici.EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A festa das delicatessen de San Clodio

Seguinte Nova

Toño Rivas, do Club Ciclista Monforte, segundo no Open de Galicia BTT

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: