O Deportivo realizará a pretemporada en Monforte

O equipo aloxarase en Augas Santas e entrenarán en A Pinguela

O pasado día 26, a directiva do Real Club Deportivo da Coruña confirmou que o equipo desenvolverá a súa concentración de pretemporada nas terras de Lemos. Os deportivistas permanecerán en Monforte do 15 ó 25 de xullo, realizando os traballos de entrenamento nas instalacións municipais do estadio de A Pinguela. O aloxamento da comitiva deportivista será no Hotel Oca Augas Santas Golf&Resort, no municipio de Pantón. Asimesmo, está confirmado que o Deportivo disputará dous partidos amistosos durante a súa estancia na nosa comarca, en datas aínda por determinar. O primeiro destes partidos será fronte ó Club Lemos. O director da Secretaría Técnica, Ernesto Bello, e o técnico do primeiro equipo, Fernando Vázquez, visitaron o pasado 14 de xuño Monforte invitados pola Concellería de Deportes, para coñecer as instalacións deportivas e hoteleiras. O alcalde, Severino Rodríguez, e o asesor da concellería de Deportes, José Antonio Díaz, encargáronse de mostrarlle o campo de fútbol, a piscina cuberta municipal e o ximnasio, así como as instalacións do Hotel Balneario de Augasantas.

Finalizada a visita, o adestrador deportivista xa manifestara a súa satisfacción coas instalacións deportivas monfortinas, das que dixo que cubrían as súas expectativas, e tamén coas posibilidades que lles ofrecía o aloxamento no Hotel Balneario Augas Santas.

O alcalde destaca a importancia que ten para Monforte e para a Ribeira Sacra o feito de que o Deportivo da Coruña elixise a nosa comarca para facer a pretempada, ó tempo que agradece ó Hotel Oca Golf Balneario de Augas Santas a boa disposición para permitir que este proxecto fose unha realidade. Severino Rodríguez non dubida de que a estancia do Dépor en Monforte representará “un gran beneficio para a Ribeira Sacra, tanto no aspecto económico como no de promoción turística”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada acolleu a final da XXX Copa Deputación de Fútbol

Seguinte Nova

O Gimnasio Neka remata a temporada con once novas medallas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio