O mundo do golf está a mobilizar con forza a axenda deportiva da comarca de Lemos, poñendo a Pantón no mapa de eventos máis importantes a nivel provincial e autonómico. A mediados deste mes, disputábase nas instalacións do OCA Augas Santas Golf o III Open Ribeira Sacra, na modalidade de individual stableford hándicap, cun bo número de participantes procedentes de diversos puntos das provincias de Lugo e Ourense.
GRAN NIVEL DO GOLF MONFORTINO
A competición organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra demostrou que o golf monfortino está a vivir unha boa etapa, ó copar boa parte dos premios desta proba. Así, na categoría scratch absoluta o primeiro posto correspondeu ó monfortino Manuel Hernández, que se impuxo ó resto de participantes con 72 golpes. Pola súa banda, na primeira categoría handicap impúxose o xogador local Humberto Ordosgoitia, con 73 golpes para un total de 38 puntos hándicap, seguido de Antonio Otero de Soto e Jorge Sixto con 37 e 36 puntos respectivamente. A segunda categoría veu o triunfo do monfortino Alberto Burgo, que retoma a competición con gran éxito, seguindo de lonxe polos xogadores de A Rúa José Eulogio Blanco e José Luis Rey. O premio para o mellor aproach foi para o veterán Juan Carlos Pérez, “Kukín” e o galardón para a mellor dama correpondeu á xogadora de Valdeorras Pilar Gómez Centeno. A proba rematou coa entrega dos premios ós gañadores e agasallos para os participantes, da man do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara.
PANTÓN, CAPITAL DO GOLF CO CAMPIONATO DE GALICIA SENIOR 2013
Para pechar un semestre de gran actividade, o complexo OCA Augas Santas Golf acollerá, na última fin de semana de xuño, as probas do Campionato de Galicia Senior 2013, que se disputa a 36 hoyos baixo a modalidade individual stroke play. Esta competición establece tres categoría na modalidade masculina (absoluta, segunda e terceira) e unha única categoría na modalidade feminina. Unha gran cita co golf que sitúa a Pantón como capital de Galicia dentro desta disciplina deportiva.