
Os rapaces e rapazas de 1º curso de ESO do monfortino IES A Pinguela foron os gañadores do concurso “Clases sen fume”, que organiza anualmente a Consellería de Sanidade, co obxectivo de prever o tabaquismo. Coordinados polo Departamento de Orientación do IES, o grupo realizou un bo traballo que acadou o recoñecemento do xurado. O premio para os gañadores foi un programa multiaventura no albergue Marina Española de Sada, do 24 ó 28 de xuño. Noraboa a este grupo gañador!