O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras benefiará o vindeiro curso a un 28% máis de alumnos e alumnas do ensino público galego.
UN 23% MÁIS DE CENTROS PLURILINGÜES
Para a consecución deste obxectivo, que suporá contar con máis de 70.000 alumnos beneficiarios deste Plan, o mandatario autonómico adiantou que no curso 2013-2014, a Rede de centros plurilingües sumará 183 centros, un 23% máis que no curso anterior. Asimesmo, un de cada dous centros contará con seccións bilingües, alcanzando a cifra de 363 seccións, o que supón acadar máis de 2.700, un 15% máis das existentes ata agora.
GALICIA SERÁ A SEGUND COMUNIDADE DE ESPAÑA EN RATIO DE AUXILIARES DE CONVERSA POR ALUMNO
Neste sentido, o Plan habilitará o vindeiro curso un total de 435 auxiliares de conversa, cun incremento do 6% respecto a este curso. Esta cifra sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma en ratio de auxiliares por alumnos, e a terceira en número total, según explicaron os responsables de Educación.
MÁIS PRAZAS NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Por outra banda, as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia contarán con 1.490 prazas máis en ensinanzas regradas, o que supón un incremento do 3,5% respecto do curso actual.
FORMACIÓN DO PROFESORADO
Núñez Feijóo destacou que “o impulso do plurilingüismo pasa, necesariamente, por implementar a formación do profesorado”. Neste sentido, o titular autonómico explicou que “con este obxectivo, a Xunta leva destinados máis de 15,3 millóns de euros”, apoio que se materializou, según explicou o Presidente da Xunta, no aumento da oferta de actividades formativas para os docentes, tanto no estranxeiro como en España, das que xa se beneficiaron preto de 1.600 profesores, así como coa creación de itinerarios formativos específicos que permitirán no vindeiro curso ter ofertado case 4.400 prazas con máis de 200 cursos programados.