As “Rutas Histórico Literarias” e “Coñece Monforte”, así como as visitas guiadas á exposición “17 Escritores Galegos”, desenvolvéronse en maio e xuño dentro da programación que a Concellería de Cultura de Monforte deseñou co gallo do Día das Letras Galegas. Nas rutas participaron tanto escolares de Educación Primaria e Secundaria como público adulto, baixo a coordinación e guía do traballador do Concello Xosé Martínez, que tamén realizou unha enquisa ós participantes para coñecer a súa valoración do programa. Todos os participantes consideraron moi positiva a realización destas rutas, e suxeriron o seu mantemento para o vindeiro ano. As datas nas que se realizaron tamén foron consideradas idóneas, aínda que nalgún caso suxeriron cambialas a comezos do curso escolar, ou evitar o mes de maio por ser tempo de avaliacións escolares. Tamén se suxeriu ampliar estas rutas a outros espazos culturais e arqueolóxicos da cidade.
Últimas noticias sobre CULTURA
Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de
Sempre son de agradecer as novas iniciativas culturais que xorden na nosa comarca. Unha delas, é
Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón
Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA
• Dentro da programación conmemorativa que organiza a Deputación con motivo do Día da Muller, o