Dende o Concello seguen a traballar na posta en valor da riqueza patrimonial e natural de Qu¡roga. A finais do mes pasado, dende o Consistorio remitiuse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia as memorias para a solicitude de apertura de expediente de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o conxunto histórico-artístico do Hospital, integrado pola igrexa parroquial de San Salvador do Hospital, a Casa Torre de Hospital, a Casa da Encomenda e a Casa de Carballedo; ademais da igrexa parroquial de Santa María da Hermida. Dende o Concello informaron de que, dada a complexidade da tramitación deste tipo de solicitudes, no mes de xuño emitiron ó mesmo departamento autonómico as memorias correspondentes ós conxuntos mineiros de Montefurado, da Seara, Penafurada, As Covas e Margaride. Con estas iniciativas, o obxectivo do Goberno local é acadar un recoñecemento especial para estes enclaves singulares, que xa contan co máximo grao de protección no Plan Xeral de Ordenación Municipal. O PXOM de Quiroga recolle de xeito protexido un importante número de elementos patrimoniais, que inclúen 66 explotacións mineiras, 20 mámoas, 35 asentamentos castrexos, 2 zonas de petroglifos, 3 pontes, 21 igrexas parroquiais, 39 capelas, 2 cruceiros, 14 casas solariegas, 1 castelo e 7 ferrerías.
Últimas noticias sobre CULTURA
Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA
Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de
• Dentro da programación conmemorativa que organiza a Deputación con motivo do Día da Muller, o
POEMA ‘Miña casiña, meu lar’ Miña casiña, meu lar,cantas onciñasde ouro me vals.Vin de Santiago a
O Concello de Brollón é, sen dúbida, un dos máis dinámicos e activos da comarca, e