A Área de Educación do Concello de Quiroga ven de ofertar os Campamentos de Verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que se desenvolverá do 1 de xullo ó 30 de agosto de 10,30 a 13,30 horas. Este ano, inclúe un Repaso de Verán, na que os asistentes realizarán durante unha hora diaria un caderno de vacacións, axeitado ó seu nivel académico, así como actividades interactivas e online. Asimesmo, en días alternos, desenvolveranse obradoiros de manualidades na Casa da Cultura, deportes e xogos no Polideportivo, e actividades como cociña, teatro ou globoflexia. Todos os días haberá natación e xogos acuáticos, que se cambiarán por talleres na Casa da Cultura se fai mal tempo. Aínda que o prazo de inscripción rematou o día 27, os visitantes de vacacións poderán inscribirse cando queiran.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo
• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de
• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia