Toño Rivas, do Club Ciclista Monforte, segundo no Open de Galicia BTT

A proba, disputada nun circuíto que presentaba graves dificultades técnicas, celebrouse o 15 de xuño no Monte do Castro de Taragoña, en Rianxo. O arriscado do circuíto foi motivo de diversas queixas á organización antes do inicio da proba, polo que o xurado decidiu recortar unha volta, pero aínda así, as caídas e percances foron numerosos. Precisamente por esta complicación, os membros do Club Ciclista Monforte Brais Martínez, da categoría senior, e Andrés Acuña, en Master 30, decidiron non tomar parte nesta proba para salvagardar a súa integridade física. Seguiron adiante Toño Rivas, na categoría Master 40, e que finalmente subiría ó podio nunha notable segunda posición, e tamén Pablo Paz, quen aínda convaleciente dunha forte caída sufrida o sábado anterior durante un adestramento, acadou unha loable sétima posición, así como Manuel Armada, en Master 30, que finalmente tivo que abandoar a proba.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte, a golpe de pedal

Seguinte Nova

Chantada acolleu a final da XXX Copa Deputación de Fútbol

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: