Un intenso verán de actividades en Pantón

Dende o Concello de Pantón van poñer en marcha as actividades de verán, cun completo programa para todos os gustos. Así, do 1 de xullo ó 30 de setembro, a piscina municipal acollerá os cursiños de natación, que se celebrarán os luns, mércores e venres. Asimesmo, o Campamento de Verán desenvolverase os martes e xoves dende o 15 de xullo ó 29 de agosto. Esta actividade vai destinada ós nenos e nenas do Concello, aínda que se quedan prazas libres poderán anotarse rapaces de fóra. Todos os participantes no Campamento deberán ter cumpridos os 5 anos. Para todos os públicos, a Aula de Informática permanecerá aberta de xeito ininterrumpido de 10 a 20 horas durante os meses de verán.

Asimesmo, dende o Concello informaron de que se están a deseñar unha serie de rutas para as fins de semana, coincidindo coa chegada de visitantes a Pantón. As rutas percorrerán o Miño e o Sil e outras zonas de Pantón, ademais da tradicional saída nocturna a Pena Pombeira para disfrutar da lúa chea.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES A Pinguela gaña o “Clases sen Fume”

Seguinte Nova

O golf sitúa a Pantón no mapa de eventos de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio