A roza dos viais provinciais do sur de Lugo estará completada neste mes

•Nesta quincena quedará rematada a segunda fase das tarefas de limpeza de vexetación •Estes traballos enmárcanse dentro da estratexia de mantemento de estradas e seguridade vial que desenvolve o ente provincial ó longo do ano

A mediados de xullo comezou a segunda fase do Plan de roza das estradas de titularidade provincial, co obxectivo de desenvolver este servizo nun total de 21 municipios. Sarria, Portomarín, Paradela, Láncara, O Páramo, Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón están incluídos nesta segunda fase dos traballos para a limpeza de vexetación nas marxes das estradas.

Traballos de rebacheo na rede de estradas provincial de Lugo. Arquivo EC.

CONTRATACIÓN DE AUTÓNOMOS E PYMES PARA LOITAR CONTRA A CRISE

Estas actuacións están a ser realizadas polo dispositivo posto en marcha a comezos de xullo polo departamento de Vías e Obras da Deputación de Lugo, que incorpora un total de 70 operarios equipados con 50 máquinas. O desenvolvemento do Plan de roza de 2013 supuxo a contratación, por parte do ente provincial, destas tarefas a 23 autónomos e pequenas empresas da provincia, co que a institución lucense busca impulsar a economía e o mantemento dos postos de traballo na nosa provincia nesta época de crise. Dende a Deputación lembraron que o Plan de roza conta cun investimento de 600.000 euros con cargo ós fondos provinciais destinados á conservación do 4.300 quilómetros de estradas da rede provincial.

Os traballos de limpeza da vexetación nos laterais e cunetas tamén forman parte da estratexia de mantemento da rede de estradas provinciais de Lugo, a máis extensa de España, co obxectivo de garantir a seguridade de usuarios e vehículos ó longo de todo o ano. Arquivo EC.

ACONDICIONAMENTO DO FIRME NA REDE PROVINCIAL

As tarefas de mantemento e conservación desenvólvense ó longo de todo o ano. Na época estival, ademais dos traballos de limpeza da vexetación das marxes das estradas e cunetas, dende Vías e Obras están a realizar arranxos no firme, naqueles puntos da rede provincial onde este aparece deteriorado ou ofrece características que poidan poñer en perigo a seguridade na circulación dos vehículos. Como todos os anos, o verán concentra as labores de rebacheo e acondicionamento con zahorra e rego asfáltico, que este ano xa se realizaron nunha ducia de concellos organizados por zonas según as necesidades.

AFORRO DE CUSTES GRACIAS A ACTUACIÓNS ANTERIORES DE MANTEMENTO

O Plan de Rebacheo da Deputación de Lugo conta cun importante orzamento, que este ano acada os 5 millóns de euros. Os responsables provinciais suliñaron que outras actuacións anteriores, como o acondicionamento de 1.000 quilómetros de viais con aglomerado en quente realizado o ano pasado, supuxeron un aforro nos custes do mantemento para esta anualidade, xa que o material aplicado mantén o bo estado do firme das estradas por máis tempo, evitando arranxos posteriores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

LEMOS – DEPORTIVO. ERAN TIEMPOS MEJORES

Seguinte Nova

Dous grandes maestres do xadrez con pegada en Chantada daranse cita no IV Campionato de Xadrez de Isar, en Burgos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio