Apoio provincial ás actividades deportivas en Monforte

•A vicepresidencia provincial colaborará co Concello no programa “Monforte Deporte Vivo”, co obxectivo de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables

A Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven de aprobar unha subvención de 50.000 euros para o Concello de Monforte, destinada ó mantemento do programa “Monforte Deporte Vivo”, para fomentar a prática do deporte e xerar hábitos de vida saudables, sobre todo nos máis novos.

DINAMIZACIÓN POLO DEPORTE

Con este apoio, o Concello de Monforte poderá desenvolver iniciativas deportivas como a V Carreira Popular de Monforte, o Campionato Galego de Triatlón de Menores, a Regata Promoción Slalom, a segunda fase do Campionato Galego de Fútbol Alevín Zona Sur e o Campionato Galego de Montaña, e a Subida Terra de Lemos. Ademais da importancia destas celebracións para o fomento da actividade deportiva, o mantemento dun calendario deportivo estable e heteroxéneo contribúe á dinamización social e tamén económica da cidade e da comarca.

DEPORTE TAMÉN NO VERÁN MONFORTINO

Asimesmo, según explicaron os responsables provinciais, o apoio ó programa “Monforte Deporte Vivo” permite ofertar ós monfortinos actividades de ocio e deporte tamén durante os meses de verán. En xullo e agosto, a cidade do Cabe conta cunha ampla programación para todos os gustos, con torneos de volei praia, baloncesto, cursos de tenis, campus de baloncesto, fútbol e voleibol, e campamentos deportivos e infantís.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Podio para o Club Ciclista Monforte con Gonzalo González en Gondomar

Seguinte Nova

2ª edición das bolsas de formación Leonardo Da Vinci

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio