Demostración do traballo da madeira e fiadeiro tradicional para celebrar os 22 anos da Mostra do Mel

A mel é un dos produtos estrela da comarca de Quiroga. (Arquivo EC).

Quiroga adica especial atención á promoción dos seus produtos tradicionais, que no caso da mel celebra o seu día grande o 10 de agosto. A Mostra do Mel de Quiroga acada este ano a súa vixésimo segunda edición, amosando a calidade deste produto natural, que comparte un lugar destacado no panorama gastronómico da comarca quiroguesa xunto ó aceite, o viño ou as castañas.

UN PROGRAMA FIEL Á TRADICIÓN DOS 22 ANOS DE MOSTRA

Fieis á tradición, dende o Concello de Quiroga veñen de deseñar un programa festivo para o sábado 10 de agosto que mantén a liña que lle garantiu o éxito durante estes vintedous anos de Mostra. Así, tralo acto inaugural ás once da mañá, procederase á apertura dos stands de exposición e venda, onde veciños e visitantes poderán adquirir mel producida en Quiroga, así como outros produtos de calidade da zona, como o aceite ou os doces, entre outros. Os postos permanecerán abertos ata despois do xantar.

A XXII Mostra do Mel de Quiroga incorporará como novidade unha demostración do traballo da madeira. Arquivo EC.

OUTROS TRABALLOS TRADICIONAIS

Dado que a Mostra do Mel celebra unha produción alimentaria típica de Quiroga, dende o Concello queren aproveitar este evento para dar a coñecer outros procesos tradicionais de produción, como os tecidos ou a talla de madeira. Así, no Museo Etnográfico de Quiroga desenvolverase un fiadeiro tradicional, no que se poderá ver en directo o traballo con lá de ovella, e como novidade, incorpórase este ano unha demostración do traballo da madeira a cargo dos artesáns de Campos da Vila, da carpintería Armaoir.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Garanten a continuidade do produto turístico “Camiños dos Sabores de Galicia”

Seguinte Nova

Pulo ó turismo desestacional en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio