Dous grandes maestres do xadrez con pegada en Chantada daranse cita no IV Campionato de Xadrez de Isar, en Burgos

O arxentino Alejandro Hoffman, que fora máximo coordinador do Club Chantadino de Xadrez, participará na proba da vila burgalesa o vindeiro 17 de agosto. O seu substituto á fronte do corpo técnico da formación chantadina, o gran maestre serbio Dragan Paunovic, tamén tomará parte na confrontación de Isar. Ambos grandes maestres de xadrez impartirán unha clase maxistral nas instalacións de Las Escuelas de Isar o mesmo día do Campionato, ás 12 da mañá. O Campionato de Xadrez está organizado polo Ayuntamiento de Isar, a Diputación Provincial Burgos e a Delegación Burgalesa de Xadrez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A roza dos viais provinciais do sur de Lugo estará completada neste mes

Seguinte Nova

Podio para o Club Ciclista Monforte con Gonzalo González en Gondomar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: