Garanten a continuidade do produto turístico “Camiños dos Sabores de Galicia”

Esta iniciativa, que integra catro rutas gastronómicas baseadas nos queixos, mel, castaña e aves de curral con Denominación de Orixe Protexica ou Indicación Xeográfica Protexida, continuará a súa andaina en virtude dun convenio de colaboración entre Agader e as Asociacións de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs). As rutas coas que botou a andar esta iniciativa son Sabores do Noroeste, Sabores nos Camiños, Sabores do Courel e Sabores nas Portas de Galicia, ás que se adheriron 49 concellos e preto dun centenar de asociacións. Este programa estivo vinculado ata o 2012 ó proxecto europeo Cantata2, financiado parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Co novo convenio, Agader aportará á Asociación de GDRs toda a información sobre as rutas, así como manuais de xestión, identidade corporativa e páxina web.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Investimento para a conservación do noso patrimonio artístico

Seguinte Nova

Demostración do traballo da madeira e fiadeiro tradicional para celebrar os 22 anos da Mostra do Mel

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: