Investimento para a conservación do noso patrimonio artístico

A Xunta achegou 43.000 euros para recuperar as pinturas murais deste templo, datadas no século XVI

Igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada. Arquivo EC.

Recentemente, veñen de quedar rematados os traballos de recuperación das pinturas murais da igrexa de Sta. María de Nogueira, en Chantada, traballos que foron desenvolvidos dende a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

EXPERTOS RESTAURADORES

Estas actuacións supuxeron un investimento, por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de 42.938 euros, e no que traallaou un equipo de restauradores que realizou unha proposta integral de conservación e restauración, dende os estudos previos que permitiron determinar a situación das pinturas ata os propios labores de recuperación.

RECUPERACIÓN DAS PINTURAS OCULTAS BAIXO AS CAPAS DE CAL DAS OBRAS FEITAS NA IGREXA

As labores de restauración permitiron descubrir unha escena que representa o Xuízo Final e que estaba moi deteriorada. A meirande parte do mural permanecía cuberto por capas de cal como consecuencia das distintas remodelacións que experimentou o templo. Debido a esta circunstancia, e según explicaron os técnicos encargados dos traballos, en primeiro lugar foi preciso eliminar o cal que ocultaba a visión das pinturas, limpar e consolidar a superficie, e traballar a cor para devolver o esplendor ao mural.

PINTURAS DO «MAESTRO DE NOGUEIRA», TAMÉN NA IGREXA DE RIBAS ALTAS, DE MONFORTE

Os restauradores constataron que as pinturas, datadas no século XVI, foron realizadas polo artista coñecido como Maestro de Nogueira, e presentan unha configuración moi similar ás da bóveda de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte, obra atribuída ao mesmo autor.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Lugo reuniuse cos cargos públicos locais de Chantada

Seguinte Nova

Garanten a continuidade do produto turístico “Camiños dos Sabores de Galicia”

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: