Monforte levou a nosa música e o noso folclore ó festival Europeade

Un grupo de corenta e catro persoas, pertencentes á Coral Polifónica de Monforte e ós grupos de Gaitas e Danza municipais, integraron a representación da nosa cidade no Europeade, celebrado en Gotha (Alemaña) do 17 ó 21 de xullo. Este festival, que se ven celebrando dende hai 50 anos de xeito itinerante polos diferentes países de Europa, ten como obxectivo ofrecer unha mostra do folclore dos diferentes pobos que integran o noso continente. Durante o festival, a representación monfortina realizou actuacións individuais nas prazas da cidade alemá, e participou nun desfile colectivo xunto ós grupos dos demais países. Ademais, a Coral Municipal de Monforte tomou parte no concerto europeo de coros e música vocal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Polémica entre institucións en torno ós GES

Seguinte Nova

Reclaman ó Concello que limpe a lagoa do Parque dos Condes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: