O Concello de Sarria publicou as bases do concurso de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar as distintas actividades de carácter cultural e deportivo que se realizan no municipio de Sarria durante o exercicio de 2013. As asociacións, sociedades ou entidades legalmente constituídas e domiciliadas no municipio de Sarria, sen fin de lucro, así como clubs deportivos coas mesmas características. Tamén terán a condición de beneficiarios as persoas ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou colectivos cidadáns que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos e finalidades sinalados como subvencionables, sempre que estean domiciliados no Concello de Sarria. As solicitudes deberán presentarse antes do 30 de xullo ás 14 horas no rexistro xeral do Concello de Sarria, en horario de 09:00 a 14:00 horas e en días hábiles.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa