Os concellos do sur lucense adheridos ó Innova-TE serán os primeiros da provincia en contar con prazas wifi

O ente provincial xa completou a instalación dos equipamentos

En agosto comezará a funcionar o sistema de internet por wifi gratuíta nas prazas públicas dos concellos do sur de Lugo adheridos ó programa provincial Innova-TE. Arquivo EC.

As vantaxes do acceso ás novas tecnoloxías para a cidadanía están a dar un novo paso no sur de Lugo, co remate dos traballos de instalación dos equipamentos das prazas wifi do programa Innova-TE. Esta iniciativa, promovida pola Deputación de Lugo e financiada con fondos europeos, inclúe un servizo de internet gratuíto desde dous puntos das prazas consistoriais dos municipios adheridos ó programa, así como dende outro punto instalado no interior da Casa do Concello, todos eles a disposición da cidadanía. Veciños e visitantes poderán acceder a internet gratuítamente a través de calquer dispositivo móbil, como ordenadores portátiles, PDA ou teléfonos móbiles, cunha velocidade de 256 kas por segundo, o máximo legal permitido para este tipo de servizos prestados por administracións públicas.

QUINCE CONCELLOS DO SUR LUCENSE TERÁN PRAZAS WIFI EN AGOSTO

Según explicaron os responsables deste programa, os concellos do sur lucense adheridos ó Innova-TE serán dos primeiros da provincia en beneficiarse deste novidoso servizo, que se espera entre en funcionamento no mes de agosto. Na comarca de Lemos, o servizo funcionará en Monforte, A Pobra do Brollón e Sober, mentres que na comarca de Sarria estará operativo dende agosto en Láncara, O Incio, O Páramo, Sarria, Paradela, Samos e Triacastela. Pola súa banda, os tres concellos da comarca de Chantada disfrutarán deste servizo de prazas wifi, mentres que na de Quiroga serán Ribas do Sil e Quiroga os municipios que incorporan esta prestación. Este mesmo calendario seguirán Monterroso, Palas de Rei e Portomarín, mentres que o inicio dos traballos para instalar os equipos wifi nas prazas consistoriais comezará este mes nos concellos da Mariña, centro da provincia e a Montaña.

OPTIMIZAR O TRABALLO MUNICIPAL, OUTRO DOS OBXECTIVOS DO INNOVA-TE

As prestacións que ofrece o programa Innova-TE aproveitan as vantaxes das novas tecnoloxías tamén na xestión municipal. Según explicou o deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, este programa integra un total de oito servizos tecnolóxicos que “permitirán optimizar o traballo municipal e, en consecuencia, prestar unha mellor e máis áxil atención ós cidadáns, ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños”. O feito de que o Innova-TE estea custeado na súa totalidade pola Deputación de Lugo con fondos europeos supón, según precisou Santos Ramos, un aforro de 35.000 euros para cada municipio. As prestacións do programa Innova-TE, ademais da dotación de wifi en prazas e consistorios, melloran a calidade do servizo de banda longa, e ofrecen a creación dun portal web municipal, así como a actualización de contidos nas webs que xa se instalaron na primeira fase deste programa. Asimesmo, e para cubrir todas as dúbidas que poidan xurdir durante este proceso, a Deputación ofrece a través do Innova-TE un servizo de asesoramento para optimizar o uso das sedes electrónicas implantadas na primeira fase; un servizo de dinamizadores tecnolóxicos que asesoran in situ e de xeito personalizado ós traballadores municipais, e un Centro de Asesoramento Tecnolóxico para resolver consultas sobre estes novos servizos. O programa Innova-TE complétase coa elaboración dun informe sobre o cumplimento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a realizació dunha auditoría sobre as dotacións tecnolóxicas e o seu aproveitamento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sacan a concurso a concesión dos clubes náuticos de Doade, Belesar Presa e Portomarín

Seguinte Nova

Os Mercados de Monforte, todas as fins de semana de agosto con produtos da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio