Podio para o Club Ciclista Monforte con Gonzalo González en Gondomar

•O de Monforte alzouse co primeiro posto na categoría senior da proba dos Campionatos de Galicia BTT-XCO

Podio da categoría senior na proba disputada en Gondomar, na que resultou vencedor Gonzalo González, do Club Ciclista Monforte. (Foto cedida)

O pasado 14 de xullo, o Club Ciclista Monforte participou en Gondomar na nova edición dos Campionatos de Galicia BTT-XCO. Aínda que a sorte non acompañou ós monfortinos, finalmente remataron a xornada cun excelente primeiro posto en senior con Gonzalo González. A pesares do seu bo estado de forma, Toño Rivas tivo que conformarse cun cuarto posto en Master 40, e Pablo Paz rematou en oitavo lugar en Master 30. Pola súa banda, Andrés Acuña completou o circuíto en decimosexta posición. A sorte non acompañou a Manuel Armada, que tivo que abandoar a proba

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dous grandes maestres do xadrez con pegada en Chantada daranse cita no IV Campionato de Xadrez de Isar, en Burgos

Seguinte Nova

Apoio provincial ás actividades deportivas en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: