Pulo ó turismo desestacional en Monforte

Fomento das actividades turísticas e enolóxicas co apoio provincial

A Deputación aprobou unha achega de 158.000 euros ó Concello destinada a dinamizar as actividades turísticas no sur de Lugo ó longo de todo o ano

O Centro do Viño da Ribeira Sacra ocupa un papel protagonista nas actividades de promoción turística desestacionalizada que se realizan dende o Concello de Monforte, que pretende tamén promover outras actuacións de ocio e gastronomía, como a Festa do Río e os Mercados de Monforte, ou de carácter etnográfico, como o Entroido, para atraer visitantes ó longo de todo o ano. (Fotos: Arquivo EC).

Atraer visitantes a Monforte e á súa área de influencia ó longo de todo o ano é o obxectivo da política de promoción económica que se está a desenvolver dende o Concello de Monforte, tomando como base o potencial enoturístico e as posibilidades da gastronomía e do calendario festivo das diversas épocas do ano.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE MONFORTE E A DEPUTACIÓN DE LUGO

Para dar pulo a este traballo, dende a Área de Cultura e Turismo da Deputación, dependente da Vicepresidencia, veñen de aprobar unha achega de 158.000 euros destinada a colaborar co Concello de Monforte no desenvolvemento do programa “Promoción da actividade turística e enolóxica”.

Os Mercados de Monforte dinamizan as fins de semana ó longo de todo o ano. Arquivo EC.

“PAPEL FUNDAMENTAL” DO CENTRO DO VIÑO

Según explicaron os responsables provinciais, esta iniciativa busca dinamizar o tecido socioeconómico mediante a promoción dunha ampla oferta de ocio que se extende ó longo do ano, e na que xoga “un papel fundamental” o Centro do Viño da Ribeira Sacra, que permite ós visitantes un achegamento completo á cultura e ó mundo do viño, a través das súas instalacións museísticas, da tenda de viños e da oficina de turismo.

A activación dun calendario de actividades todos os meses, como a Festa do Río, repercutirá na dinamización local, según os responsables municipais. Arquivo EC.

ARRANXO DAS ESTRUTURAS DO MERCADO DE SEGUNDA MAN, E REDACCIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DO CAMPO DA FEIRA

Esta colaboración entre a área de Cultura provincial e o Concello de Monforte permitirá dar a coñecer os Mercados de Monforte, de carácter temático e que están a revitalizar tanto o espazo da Praza de Abastos como o centro urbano e comercial, ó tempo que serven de escaparate para a nosa gastronomía. A achega provincial fará posible tamén outro tipo de actuacións, como a reparación das casetas de madeira do Parque dos Condes, onde se celebra o Mercado de Segunda Man, a construción dunha pérgola que protexa aos participantes das inclemencias do tempo, e, noutro orden de cousas, a redacción do proxecto de reforma do Campo da Feira, para poder dispor dun novo espazo de celebración de eventos que estimulen o interese económico e turístico de toda a Ribeira Sacra e non só de Monforte.

“ESTRATEXIA CONXUNTA” PARA TODOS OS CONCELLOS DO SUR DE LUGO

O delegado provincial de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, afirmou que “estas actuacións permitirán ofrecer unha oferta turística e enolóxica enmarcada nunha estratexia conxunta para todos os concellos do sur lucense”.

PULO Ó PATRIMONIO ETNOGRÁFICO A TRAVÉS DAS FESTAS MÁIS PROPIAS, E Á DINAMIZACIÓN DO PASEO FLUVIAL E DO RÍO NA CIDADE

Os responsables provinciais destacaron asimesmo que este convenio de colaboración, aprobado o 19 de xullo, inclúe asimesmo a promoción da Festa do Antroido e a Festa do Río, dúas citas xa consolidadas no tempo. A integración do Entroido neste programa promocional xustifícase, según os responsables provinciais, na súa función de reclamo para promover o patrimonio inmaterial do sur da provincia de Lugo, mentres que a Festa do Río, que se celebra desde 2005, intenta recuperar o protagonismo do río Cabe na vila, rexenerando o seu entorno e poñendo en valor o espazo urbano xunto ó río.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Demostración do traballo da madeira e fiadeiro tradicional para celebrar os 22 anos da Mostra do Mel

Seguinte Nova

Investimentos autonómicos en Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio