Dende a Área de Turismo da Vicepresidencia da Deputación explican esta decisión “para reforzar a oferta turística da provincia dando solución a un problema real creado despois de que os anteriores adxudicatarios renunciasen á concesión administrativa”. Os responsables provinciais precisaron ademais que as adxudicacións se realizarán de xeito individual para cada área recreativa, e destacaron como novidade que o prego de condicións valorará nun 60% da puntuación o feito de que as empresas candidatas desenvolvan un programa de actividades turísticas complementarias. “Trátase de redefinir o papel dos clubs náuticos, para que traballen tamén como auténticos puntos de información turística e escaparates de todo o que pode ofrecer a Ribeira Sacra, como o viño, a gastronomía ou a artesanía da zona”, precisaron.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de
•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Lorenzo López, empresario dunha cadea hoteleira en Canarias, con raíces en Pantón, está rehabilitando o
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música