Sarria, Portomarín e Triacastela disporán de persoal en Turismo para ofrecer información específica das Rutas Xacobeas

Atención especializada en turismo sobre os espazos xacobeos

A mediados de xullo os alcaldes asinaron o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a contratación deste persoal

As delegadas territoriais da Xunta en Lugo e A Coruña, Raquel Arias e Belén Do Campo, respectivamente, acompañaron ó xerente da S.A.de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, na firma do convenio cos alcaldes dos seis municipios do Camiño Francés. GPCC.

Os municipios lucenses polos que cruza o Camiño Francés contarán con persoal de información turística especializado no mundo xacobeo e nos recursos turísticos, culturais, monumentais, naturais e históricos vinculados a el en cada un destes concellos. Esta medida, que pretende ofrecer unha atención máis especializada ós visitantes e peregrinos que se acheguen ós puntos de atención turística de Sarria, Triacastela e Portomarín, será posta en marcha en virtude do convenio de colaboración firmado o pasado 12 de xullo coa Xunta de Galicia. A formalización deste convenio tivo lugar en Santiago, coa presencia do xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dependente de Turismo de Galicia, José Paz Gestoso, e os alcaldes dos concellos de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Melide e Triacastela. No acto de sinatura estiveron presentes tamén a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias e mais a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo.

CONTRATACIÓN ESPECÍFICA DE PERSOAL CUALIFICADO EN MATERIA XACOBEA

En virtude deste acordo, os municipios realizarán contratacións específicas de persoal especialmente cualificado sobre a información relacionada co Camiño Francés e coas Rutas Xacobeas, así como co patrimonio asociado ás mesmas e cos diferentes recursos. O obxectivo é que os peregrinos do Camiño Francés, así como os viaxeiros que así o demanden, poidan obter información puntual, precisa e especializada sobre os diferentes recursos relacionados coa ruta que percorren e, ao tempo, que dispoñan da posibilidade de obter información sobre os servizos e produtos turísticos do destino Galicia. En contraprestación por este servizo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo fará unha aportación de 8.000 euros para cada un dos Concellos destinada á contratación de persoal especificamente cualificado.

UN 12 % MÁIS DE PEREGRINOS DO CAMIÑO FRANCÉS

Según os datos aportados por Turismo de Galicia, o Camiño Francés rexistrou no que vai de ano un incremento na cifra de peregrinos do 12,5% respecto dos rexistrados entre o 1 de xaneiro e o 11 de xullo de 2012. Neste ano, 60.831 peregrinos percorreron o Camiño Francés, 6.759 peregrinos máis que o ano pasado. A importancia deste ruta xacobea vese reflectida ademais no volume de peregrinos que chegan a Compostela por este camiño, e que supuxo o 70,62% do total dos camiñantes que chegaron á cidade do Apóstolo neste mesmo periodo de tempo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 30 de xullo remata o prazo as subvencións do Concello de Sarria ás asociacións culturais e deportivas

Seguinte Nova

O PP de Lugo reuniuse cos cargos públicos locais de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: