A mostra acolle máis de 300 traballos de artistas de 12 países

As artes plásticas centran a atención cultural na comarca sarriana nas tres salas de exposicións que acollen, en Sarria e Samos, as máis de 300 obras da 7ª Exposición Bienal Salón Internacional de Otoño. Ata o 20 de agosto, os traballos de 182 artistas procedentes de 12 países poderán verse nas instalacións da Antiga Prisión Comarcal de Sarria, e nos mosteiros da Magdalena e de Samos. O Salón de Outono é unha iniciativa dos impresionistas franceses do século XIX, como opción fronte á demasiado conservadora exposición do Salón de París, e segue a manter ese espíritu renovador a día de hoxe. A primeira extensión fóra da capital gala do Salón de Outono celebrouse en Sarria por iniciativa do escultor local José Díaz Fuentes, afincado en París e falecido en 2010. A exposición culminará coa inauguración, o día 20 ás 19 horas, do gran proxecto de Díaz Fuentes para Sarria, o anfiteatro das Insuas, enmarcado polas 39 esculturas xigantes que os presos de Monterroso realizaron baixo a dirección do propio Díaz Fuentes. No acto intervendrá o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.