A Xunta aprobou obradoiros de emprego para Sarria, Sober, O Saviñao e Pantón

•En total, son 21 os concellos da provincia de Lugo que se beneficiarán desta iniciativa •A Xunta destina 1,7 millóns de euros a estes obradoiros, nos que participarán 192 lucenses

A principios de agosto, a Consellería de Traballo e Benestar aprobou un total de nove obradoiros de emprego na provincia de Lugo, que se desenvolverán durante este ano, e para os que a Xunta destina 1,7 millóns de euros.

EXTENSIÓN DE OBRADOIROS COMPARTIDOS ENTRE VARIOS MUNICIPIOS

Os obradoiros desenvolveranse en 21 concellos da nosa provincia, como en Foz, Lugo, Sarria e Vilalba, que acollerán cadanseu obradoiro, mentres que na maior parte dos casos serán varios os municipios que desenvolverán estas iniciativas de xeito conxunto. Así, Pantón, Sober e O Saviñao participarán dun mesmo obradoiro, coa mesma fórmula que Burela, Cervo e Xove. Tamén compartirán obradoiro Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín. Este programa compartido desenvolverase asimesmo en Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade, e conxuntamente tamén en O Vicedo, Mouras e Ourol.

MÁIS EMPREGABILIDADE, FORMACIÓN DE CALIDADE E OBRAS DE INTERÉS COMÚN PARA O MUNICIPIO

Na presentación destes obradoiros, a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou as vantaxes destes proxectos. Díaz explicou que os obradoiros de emprego favorecen o acceso a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórica e práctica de calidade, certificada e adecuada ao mercado laboral. Asimesmo, o desenvolvemento destes obradoiros fai posible a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

FORMACIÓN CERTIFICADA Ó REMATE DO PROGRAMA

Asimesmo, a directora xeral de Emprego e Formación precisou que ao rematar o programa, o alumnado recibirá un certificado de validez para todo o territorio nacional, que demostrará a súa preparación e habilidades e que “incrementará moi significativamente a súa empregabilidade”.

FORMACIÓN EN DOCUMENTACIÓN DIXITAL, ALBANELERÍA E XARDINERÍA, APLICACIÓNS INFORMÁTICAS, CARPINTERÍA, E AXUDA A DOMICILIO

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou o contido dos obradoiros que se desenvolverán na provincia. Así, o obradoiro solicitado polo concello de Lugo centrarase na especialidade de documentación dixital e electrónica e beneficiará a 24 persoas desempregadas, e contará cun investimento de 213.000 euros. O obradoiro solicitado de maneira conxunta polos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín beneficiará a 22 desempregados, que recibirán formación en albanelería, xardinería e carpintería de armar. Arias lembrou que este obradoiro conta cun orzamento de 195.000 euros. No caso de Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade haberá 20 alumnos para a especialidade de albanelería, cun orzamento de 177.000 euros. Así mesmo, Finalmente, o concello de Vilalba desenvolverá un obradoiro no que participarán 22 traballadores en situación de desemprego, nas especialidades de albanelería, solado e alicatado, xardinería e carpintería.

372.000 EUROS PARA OS OBRADOIROS DO SUR DE LUGO

No caso do sur de Lugo, Raquel Arias explicou que o obradoiro conxunto para os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, no que a Xunta inviste 177.000 euros, beneficiará a 20 desempregados, e estará centrado nos eidos de xardinería, aplicacións informáticas e carpintería. Pola súa banda, Sarria poderá formar a 22 persoas desempregadas nos eidos de axuda a domicilio, albanelería e xardinería, cunha inversión por parte da Xunta de máis de 195.000 euros.

10 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE

Raquel Arias lembrou que en toda Galicia a Xunta vai desenvolver un total de 50 obradoiros, grazas a un investimento de preto de 10 millóns de euros que beneficiará a ao redor de 1.300 persoas en situación de desemprego.

1 Comment

  1. Como vicepresidente da asociación , envio nota de protesta pola falta de publicación e atención ás iniciativas veciñais e a vida social da comarca . Dende fai xa case un ano estamos vendo como dende ese medio de comunicación se ignoran todas e cada unha das notas de prensa que a asociación remite . Non entendemos como non se refrexa a actividade social , cultural e dinamica que se esta a facer dende O Saviñao , cando calquera outro medio de comunicación da comarca si lle presta atención . Dende a asociación proponse deixar de enviar notas de prensa a ese medio , e sería o primeiro vetado na historia desta asociación veciñal . Si se pretende refrexar a vida da comarca , debería quedar refrexada a creación da ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño , ou o logro do acordo dos veciños para permitir o acceso ó dolmen de Abuíme , ou as actividades fomentadas de Pilates , baile , etc, etc , exemplos de que na comarca se moven bastantes máis cousas das que este folleto quincenal refrexa . Dende aquí solicitamos unha resposta aclaratoria dos motivos polos que se silencian e ocultan informacións que atañen o noso concello , antes de tomar unha decisión definitiva acerca da etica periodística do En Común . Saúdos .

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os veciños da provincia disporán de 2 millóns de euros para mellorar o seu entorno

Seguinte Nova

Pulo ó comercio e á eficiencia enerxética no concello de Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: