O dato foi recibido “con cautela” por UGT-Lemos
O mes de xullo foi bo para a creación de emprego nas comarcas de Lemos e Quiroga, que rexistraron un descenso do 5,42% no número de desempregados rexistrados no Servicio Público de Emprego de Galicia. A secretaría xeral do sindicato UGT-Lemos valorou positivamente que todos os sectores crearan emprego, aínda que estiman que “non hai un cambio de tendencia, xa que o mercado dual do que nos fala a Ministra converte ó 94% dos contratos en precarios, e só ó 6% en indefinidos”.
229 PARADOS MENOS QUE EN XUÑO
Os datos do desemprego en Lemos e Quiroga falaban ó remate de xullo de 3.996 persoas en paro, 229 menos que en xuño, e 99 menos respecto a xullo de 2012. Dende UGT-Lemos, a pesares de recibir estes datos “con cautela, xa que consideramos que obedencen ó calendario estival”, consideran que “cada emprego que se crea é un drama menos para as familias do sur lucense”.